Experiencias Calibix


Calibix é partner oficial de AldroTeam, o último proxecto de Manolo Saiz (ex director de equipos tan célebres como ONCE, Liberty Seguros e Astana), dende incluso antes do seu estrea en 2016 na competición nas categorías Under 23 e Élite. Equipo con gran potencial baseado na canteira, xa que o seu obxectivo principal é captar e formar talentos, para chegar a ser unha referencia para equipos de categoría superior.

Calibix realiza os estudos biomecánicos de todo o equipo, e ocúpase tamén da clonase das diferentes bicicletas dos seus ciclistas, para mellorar o seu rendemento, para garantir o seu máximo confort e para evitarlles posibles lesións.

 

 

Recoñecido ciclista profesional e de enorme proxección internacional. Ten unha intensa experiencia dende el 2008 con equipos nacionais, como Burgos Monumental, Cervélo Test Team, Omega PharmaLotto, MMR Bikes; ou internacionais, como Azad University Cross Team (Irán), RTS Racing Team (Taiwan), Polygon Sweet Nice Cycling Team (Indonesia) ou SkyDive (Dubai). Actualmente, corre no Team Ukyo (Xapón). Gañador, entre outras probas, do Tour de Singkarak, en 2012; e do Tour de Xapón, así como do de Kumano, en 2016.

Utiliza o sistema Calibix nas súas bicicletas para conseguir o máximo rendemento e confort, converténdose nun dos nosos mellores embaixadores, sen importar as fronteiras; sendo socio dun espazo Calibix, StackbyCalibix, en Valladolid.

Enxeñeiro de materiais de profesión e triatleta de afección. Foi gañador do Tríatlon Olímpico de Logroño, en 2014, e é un incansable participante, dende 2002, de probas como Tríatlon Olímpico, Ironman, Campionato de España.

Demostra a súa afección e o seu afán divulgativo por o Tríatlon, escribindo o seu propio blog; onde conta as súas experiencias e aporta todo tipo de útiles consellos. Apaixonado do Bikefitting, firme defensor da importancia da posición na bicicleta, mellorou o seu rendemento e comodidade dende que calibrou a súa Cabra con Calibix.